Un é mestre, tamén avó e por riba
xubilado; desa trindade é sinxelo deducir que a relación co neto presuponse
máis afectiva que educativa, máis consentidora e gozosa que respectuosa cos
canons establecidos pola sociedade que pouco poden, en moitos casos, importar a
un xubilado canso de termar pola exemplaridade social durante tantos anos.
Baixo estas consideracións naceu
este traballo de hai dous anos agora convertido en blog.
O percorrido polo Camiño de
Santiago danos pé para comentar a relación avó-neto, a historia e o patrimonio
da ruta francesa, contando moi especialmente coa axuda do Códice Calixtino;
lendas, paisaxe, e mailo comportamento humano xunto co descubrimento de novas
amizades. Todo aquilo que forma parte das ledicias, gozos e andainas dos peregrinos.
Con este blog, ademais de vivir
esa experiencia, pretendemos que nos axudedes coas vosas achegas.
Aventura no Camiño
A
Maricarmen
Aos
fillos
Aos
avolos
Aos
netos
Ningún comentario:
Publicar un comentario