Quen deixa camiños e colle
vereda, pensa que atalla e sempre arrodea.
popular
Decateime de que
era mellor cambiar de tema. Fíxeno recitando:
O que vai a Santiago
e non vai ao Salvador
visita ao Criado
e deixa ao Señor.
Iso contan os asturianos para defender o seu Salvador¿?
-Hai que visitar a
Catedral de Oviedo. O teu tío Juanjo
hate acompañar na visita cando volvas nas vacacións do verán.
Moitos peregrinos
seguían este camiño e logo continuaban polo Camiño Primitivo, que é o que pasa
por Lugo. Se quedas con ganas, outro ano facemos o Camiño de Oviedo a Santiago.
Mais esta vez temos que vir con Sabine, a Brais e Iago deixarémolos para máis
adiante.
Para iso, se
partimos de León teriamos facer as seguintes etapas: León - La Robla ,
La Robla –
Poladura, Poladura – Pajares, Pajares – La Pola de Lena, La Pola de Lena –Mieres, e Mieres – Oviedo.
Como vas ver, o
Camiño non segue sempre a rota da vía do tren.
Con estas chegamos
á estación de La Robla (disque o
nome vén de que así se chamaba o aceno que facían, e aínda fan, os gandeiros da
comarca cando pechaban un trato. Que por certo, tiña máis valor que un
documento asinado polas partes.)
O Mikel deitara a súa cabeza nas miñas pernas
e ía profundamente durmido.
Quedei só coas
miñas lembranzas, que eran moitas. Viaxaba por esta rota cando era mestre –a
miña primeira escola- en Valdecuna (Mieres) alá polo ano 1964 do século
anterior.
Tiña seguido tamén
este camiño de ferro cando fixen a mili,
no ano seguinte, cara a Talar, Tremp (Lleida), viaxe lenta e cansiño de dúas
noites e un día de duración.
Sen ningunha
experiencia, mal preparado na Escola Normal da Ditadura. Mais se non impartira clase nesa escola tería sido outro,
alí me fixen un home, alí comprendín
as inxustizas do Réxime, alí albisquei que había que axudar ao cambio (aínda
que fose pouco), e comprendino no
contacto coa clase traballadora que, por certo, estaba, desde o punto de vista
intelectual, moi preparada; as clases populares que sufrían a dor da represión
nas súas propias carnes e nas das súas familias…canto podería contar…
Tamén houbo
momentos moi agradables.
Navidiello, Linares, Malvedo, Puente de los Fierros,
Campomanes, La Cobertoria ,
Pola de Lena, Ujo, Santullano…
Aledeime de que
Mikel espertase nese intre:
-Mira, Mikel, nesta
estación, apeeime eu hai corenta e sete anos. Ía cunha maleta a un lugar que
hai a tres km. (dixéranme que era unha
carreiriña de can, doutro xeito, xa que o da carreiriña é algo que só se di en Galiza) chamado Valdecuna, para
traballar como mestre. Cheguei á primeira casa do pobo todo suado e con cara de
pardillo; tiven a sorte de topar cun
matrimonio sen fillos, nados na Fonsagrada, que me deron pousada e me trataron
coma un fillo; estoulles agradecidos de por vida.
Aquel ano, mellor o
seguinte (todo dentro do mesmo curso) debía ser Ano Santo, pois a miña
compañeira propuxérame facer un traballo sobre o Camiño. Levei de Lugo –nas
vacacións do Nadal- material que conseguín na oficina de turismo. Curioso é que
daquela só se falaba do Camiño Francés, aínda estando en Asturias. Lembro que
facendo o traballo cos nenos, un deles –un caso parecido a ti- tróuxome todo
orgulloso unha caveira que collera no osario do cemiterio que había a carón da
escola, e pretendía que o usase como pisapapeis.
Algúns días iamos
de excursión á ermida que había subindo por unha empinada costa. Nesa ermida
celebrábase a famosa Romaría de los
Santos Mártires de Valdecuna (famosa en Asturias), Fiesta de Interés Turístico Nacional.
A ermida atópase
entre os vales de Cuna e Cenera. É unha romaría de gran tradición popular na
que os romeiros acoden con moita fe esperando os milagres dos santos Cosme e
Damián (médicos - farmacéuticos de orixe oriental).
Celébranse misas,
mais a máis esperada é a das doce. Por certo diante da igrexa, se non recordo
mal, había dous hórreos e nun deles vivían dúas familias.
Logo ten lugar a
Puya L´Ramu que consiste na poxa dunha ofrenda que se fai, durante a misa, de
pan de espelta o escanda (variedade
de trigo, que se conserva grazas a estas tradicións); pan colocado sobre un soporte de madeira ramu e decorado con motivos vexetais. Co
diñeiro da poxa, diñeiro cun valor moito máis alto do valor real, sufráganse os
actos.
Contábanos a xente
do lugar que, logo da festa, o cura baixaba nun burro as esmolas cargadas nas
súas alforxas.
Máis tarde a xente
acomódase polos arredores para gozar da abondosa comida rematada con casadielles y frisuelos todo regado con
sidra escanciada.
Hai, ou había,
tamén concurso de parellas de baile, música tradicional e logo festa rachada.
O cantante Victor
Manuel, que é de por aquí, famoso a partir dos anos setenta, tiña unha canción,
dedicada a esta festa, que lle chamaba La
romaría. E xa que imos sós no departamento voucha cantar baixiño:
Sube la gente contenta a la fiesta del patrono,
sube la niña que estrena zapatos,novio y un bolso,
y todo el verde del valle se refleja en el arroyo.
Y la gente por el prado no dejará de bailar,
mientras escuche una gaita y haya sidra en el llagar.
Se van por la carretera cruzando Cuna y Cenera
canta la pena el romero y la vieja su consejo.
Por S.Cosme y S.Damián cuidado niña temprana, no pases al
maizal no lo riegues con tus lágrimas.
Hay una empinada cuesta para llegar a la ermita, y el
pastor con su rebaño, su zurrón y las vacas,
Quiere ser luz o campana y despertar a su amada.
Y la gente por el prado no dejará de bailar,
Mientras escuche una gaita o haya sidra en el llagar.
-Gustouche?
-Si…eu xa sabía que
eras un bo cantante.
-Me cago na cona (dixen para min).
-O relato da
romaría é bonito. Por que dixeches que o neno da caveira era coma min?
-É que tamén era un
bo cantante.
Mirou para outro
lado cun sorriso.
Xa estabamos na
estación de Oviedo. Alí esperábannos con mostras de ledicia Olaia e mais
Juanjo.
Falar,
falar…contar, contar…responder. Bicos, moitos bicos…
-Meu deus, se teño
que contar tanto? Cantas cousas lle contarei a Brais e aos meus pais…-di o
Mikel.
-Tranquilo, tes
tempo; non intentes contalo nun día. Ah! E garda algo…Ti goza co que contes, e fai gozar…Iso se o pasaches ben,
espero que así fose. Tes que vir para rematar o Camiño no verán con ganas.
-Non cho vou
repetir, foi unha aventura incrible, fascinante e aprendín unha morea de
cousas. Estarei desexoso de emprender de novo a viaxe a Compostela. Non cho vou
volver dicir, repito…xa o…sabes…quero
moito ao tolo do meu avó!.
-Anda dorme, que
estou canso.
Apaguei a luz, non
quería que me vise emocionado. Demo de
neno!
………ooooooooooOOOoooooooooo……….
Ningún comentario:
Publicar un comentario