Canto
viño probamos?
e
falamos da inxusticia social, da escola, do idioma…
libros
e libros compartidos;
onte,
antonte…non hai mañá.
Só queda
o recordo, con ou sen viño…
Baixamos veloces,
Pasantes, Ramil, soutos con vellos castiñeiros. Imos cara a Triacastela, nome que parece proceder
de “tres castros” entre outras moitas
interpretacións, aínda que no seu escudo aparecen tres castelos. A derradeira
undécima etapa do Códice Calixtino ou o inicio da etapa duodécima que rematará
en Palas de Rei. Un documento do s. X di: “territorio
triacastelle in provinciam gallecie”. Houbo mosteiro e igrexa dedicados a
S. Pedro e S. Pablo, doados por Ordoño II ao bispado de Santiago no ano 922
como ofrenda pola alma de Dona Elvira.
A pesar de ser mencionado no Códice Calixtino nunca foi un pobo con moita poboación e hoxe se existe débese ao Camiño, xa que o Concello ten moi poucos habitantes e moi avellentados. Entramos no pobo topando co albergue público de construción integrada no medio e unha grande parcela ideal para acampada. O templo que vemos a continuación, de construción primitiva románica, conserva a ábsida e pouco máis; o resto é dunha reedificación do s.XVIII con advocación a Santiago. Conserva unha imaxe do Santo peregrino. Posiblemente contou con varios hospitais e mesmo cárcere para peregrinos. Era o punto asistencial e de descanso tras o prolongado descenso. Hoxe conta cun albergue público e varios privados. Segundo sinala o Códice, no tempo da construción da catedral de Compostela os peregrinos levaban pedras calcarias de canteira ata os fornos de Castañeda en Arzúa para empregalo na catedral; era un xeito de contribuír á construción da catedral. En Triacastela temos que tomar a decisión de acordar entre seguirmos por San Xil ou por Samos; a primeira, máis curta e cunha paisaxe menos urbanizada, corresponde ao antigo Camiño Real, sendeiro tradicional; a segunda, máis adatada aos vehículos, incluídas as bicis, e por riba coa posibilidade de visitar Samos, sobre todo o seu mosteiro… Esta última é a que escollemos. Gozamos de fermosas paisaxes que atravesan o río Sarria e lugares como San Cristovo do Real con casas de arquitectura popular da zona, destacando a Casa Grande de Lusio, rehabilitada recentemente, caserón ou pazo onde naceu e viviu D. Vicente Vázquez Queipo, autor das famosas Táboas de logaritmos que os vellos coma min sufrimos e gozamos no noso bacharelato. Matemático, catedrático de Física e Química na Universidade de Valladolid e doutor en Dereito e eu engadiría insigne pedagogo. A Casa Grande de Lusío (s.XVI-XVIII) rehabilitouse coa vocación de que fose un museo da obra de D. Vicente e coa idea de recuperar o muíño e a ferraría, para o que xa contaba con proxecto. Ao final quedou só como servizo de albergue, mais a pesar diso paga a pena visitala pola súa grandiosidade.

Reche, parroquía
existente no s. XII; Vigo, beleza das beiras do río Sarria ou Oribio; Freituxe;
San Martiño do Real con igrexa románica.
Cruzamos a estrada
para írmonos achegando a Samos.
O mosteiro de Samos
está considerado como un dos máis antigos de Occidente. Remonta a súa orixe ao
s.VI ou antes; fálase inclusive se sería un dos propiciados por San Martiño de
Dumio, alá en tempos dos suevos. Tamén se pensa que a primeira comunidade
seguiría o ideario ascético dos monxes coptos do deserto reforzado pola Regra
de San Fructuoso. A finais do s. VIII refúxiase a viúva do asasinado Fruela,
Munia Nuño co seu fillo o futuro Afonso II, para protexerse das intrigas
dinásticas. Aquí vai recibir unha instrución de calidade, como demostrará ao
longo do seu reinado, xa que este rei sería o primeiro en peregrinar á tumba do
apóstolo Santiago e favorecer o seu culto. Sendo rei confirmará o mosteiro coa
doazón feita polo seu pai en correspondencia pola axuda que lle prestaron os
monxes na súa infancia. Coa adopción da Regra de san Bieito, en 960, o
mosteiro, como todos os mosteiros beneditinos, vai ocuparse dos peregrinos.
Tamén vai construír cara ao ano 1000
a singular capela prerrománica do Ciprés, chamada así
pola grande árbore desta especie situada a carón da capela; capela con
influencia mozárabe, con arcos de ferradura na única porta de entrada e cunha
desproporcionada altura da nave nave en relación á súa planta.
O mosteiro alcanza
a súa maior importancia sempre en ascenso no s.XIII e a partir desa data comeza
un declive que non se detén ata o s.XV coa reforma monástica emprendida polos
Reis Católicos. A decadencia non é só monástica pois abrangue a toda a sociedade:
decadencia moral, económica e social; todo motivado polas guerras, latrocinios,
peste, intrigas entre a nobreza, mesmo as loitas soterradas da Igrexa e a
nobreza polo poder.
O claustro románico
desaparece por un incendio e é substituído por outro de estilo gótico, que
supón un quebranto económico para os monxes e unha atención deficitaria aos
pobres e peregrinos.
No s. XVII iníciase
a construción do grande claustro, un dos maiores de España. No centro de este
espazo érguese unha estatua do Padre Feijoo (autor do Teatro Crítico Universal e
Cartas eruditas e curiosas) que vive neste mosteiro varios anos. En Oviedo conviviu co Padre Sarmiento,
defensor do galego na educación e promotor da súa utilización por parte dos
curas aos seus parroquianos. Ambos os dous eruditos e curiosos coas novas
técnicas de investigación e loitadores contra a superstición tan arraigada
naqueles momentos.
Por principios
pedagóxicos dinos Frei Martín Sarmiento:
“He tomado la pluma para escribir estos
pliegos compadecido de la juventud gallega, que tanto tiempo ocupa en estudiar
una lengua que ignora por otra que no sabe; siendo así que en la lengua nativa
que ha mamado, tiene los principales fundamentos para entender con más
facilidad el latín y con más perfección el castellano si después se dedica a
ese dialecto”.
Entre os retablos
do mosteiro destaca o maior do escultor galego José Ferreiro.
O mosteiro sufriu o
desastre da desamortización e xa no s.XX un virulento incendio acabou con dúas
das súas xoias: a botica e a cela do Padre Feijoo. Historia viva de atención a
peregrinos, enfermos, vagamundos e pobres; documentadas son moitas exequias de
todos eles. Tamén foi hospital de sangue coa invasión napoleónica e refuxio
doutros monxes de mosteiros suprimidos.
Deste mosteiro saíron
abades con grados académicos importantes, catedráticos de Universidade, tres
bispos e un abade xeneral da Congregación.
Hoxe é un conxunto
arquitectónico, histórico, documental e asistencial dos máis importantes do
Camiño.
-Que che pareceu o
mosteiro? Só vimos parte del e da igrexa.
- É moi grande; penso
que o maior que vimos en toda a ruta. O que me resulta curioso é que os mesmos
monxes se formen aquí e vivan toda a súa vida no mosteiro se non hai algo
especial na súa vida; e pola contra, outras ordes non lles permitan aos seus
monxes vivir máis dun certo tempo. No primeiro caso argumentan que para
convivir co pobo e no segundo, para non chegar a ter lazos afectivos cos
veciños. Estoume decatando que a medida que avanzamos no Camiño fágome máis rollista… coma ti, e case parezo un
vello mestre de escola. Non me estou gustando moito…non me vai entender Brais.
-Anda, xa…badulaque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario